Atapuerca segue dando sorpresas



Atapuerca segue dando sorpresas. Un estudio de 163 dentes fósiles que pertencen aos esqueletes humanos atopados na Sima de los Huesos, no Xacemento de Atapuerca (Burgos), demostra que nos Homo heidelbergensis xa existía unha clara lateralización cerebral, posto que eran destros, como amosa a súa forma de mastigar. María Lozano, investigadora del IPHES e coautora do estudio explica como, a través do estudio das pequenas marcas no esmalte dentario, se pode concluír que os individuos da Sima de los Huesos se alimentaban suxeitando a comida cos dentes anteriores e unha man, mentres coa que lles quedaba libre (a dereita) cortarían os materiais empregando ferramentas de pedra. Esta lateralización cerebral implica a existencia dos procesos da linguaxe? Esta é a pregunta que se fan agora mesmo os investigadores de Atapuerca. Podes ver unha ampliación da noticia en http://paleoliticonoticioso.blogspot.com/



Ningún comentario: