LECTURAS


Algunhas das lecturas que vos recomendamos facer para seguir ampliando os vosos coñecementos de Antropoloxía. Estos libros son as novidades que non aparecen aínda no libro de texto, nin están referenciadas no blogue.




Un antropólogo que non vos deixará indiferentes, Nigel Barley. Todas as súas obras están a medio camiños entre o traballo de campo antropolóxico e a literatura de viaxes. Contado con moi bo humor relata como é o traballo de campo dun antropólogo, desde que decide facer unha investigación, ata que consegue publicar os seus resultados. No medio, un montón de aventuras, de malos ratos e tamén de interesantes aprendizaxes. Unha ledicia para leer. Para comezar recomendamos Un antropólogo inocente (Edi. Anagrama). Despois vos mesmos buscaredes mais, porque non poderedes parar.


Antonio Reigosa. Trece noites, trece Lúas. O libro das Marabillas do Nadal. Edt. Xerais. Unha perspectiva do Nadal desde a nosa cultura. Para saber mais das variadas tradicións de Nadal e a súa orixe. Unha festa cristianizada, pero tamén unha festa pagán, que podemos celebrar todos por que celebra o comezo dun novo ano e a próxima chegada da primaveira.


Para os mais críticos coa festividade cristiá, recomendamos a lectura do libro de Pepe Rodriguez Mitos y Ritos de la Navidad. Unha boa lectura para todos aqueles que queiran indagar na orixe das tradicións de Nadal coma unha revisión de mitos doutras culturas, ou para aqueles que queiran saber como se chegaron a fixar as datas concretas que celebramos hoxe en día, ou cal foi a orixe de Papá Noël, ou....




Tres rasgos esenciais do ser humano como a linguaxe, a conciencia moral e a creatividade nunca poderían terse desenvolvido se non existira a consciencia. ¿cál é a orixe da consciencia? ¿Cómo pode o noso cerebro, elaborar pensamentos, ideas e xerar emocións? ¿De ónde xurdiu o eu e como pode existir a mente humana? O neurobiologo Antonio Damasio (premio Principe de Asturias) tenta respostar a estas e outras cuestións neste libro.


O primeiro vídeo que constata o uso de ferramentas por un peixe foi publicado na  revista Coral Reefs por Giacomo Bernardi, profesor de Ecoloxía e Bioloxía Evolutiva na Universidade de California, Santa Cruz. Bernardi grabó el video en Palau en 2009. (fonte Europa Press) As fronteiras entre animal e humano, cada vez son máis tenues.