De novo a Antropoloxía no Bacharelato.

Como sabedes non se cumpriron os prognósticos. A materia de Antropoloxía no Bacharelato resiste, a lo menos en Galicia os empurróns  da LOMCE.
Por iso imos modificar o libro de texto de XERAIS, en breve teremos nova edición modificada para que se adapte ao novo currículo. e nova programación didáctica adaptada ás instrucións de inicio de curso. Poucos cambios mais  algunhas melloras. Estade atentos que tamén haberá modificacións neste blog. Suscribidevos!



Mañan exporemos o Proxecto Aldeas na entrega de Premiod do Certame GSD Innova. Aqui queda a presentación:

Recoñecemento para o Proxecto Aldeas.

Os alumnos de Antropoloxía e Música traballaron a reo o curso pasado. O seu traballo obtivo recoñecemento cunha mención honorífica nun dos Certames que está collendo máis peso na innovación educativa no panorama nacional. O GSDinnova. Moitas grazas por ese empuxón ás ganas de traballar.
http://www.gsdinnova.com/?page_id=422

Xa sabedes onde podedes consultar o noso traballo:


A fin dunha materia

Xa é definitivo, non máis "antropoloxía no Bacharelato". A LOMCE elimina esta materia do currículo e este, o seu último ano, os recortes de profesorado impediron que se imparta no meu centro. Por iso este Blog está de loito. Eliximos o lazo negro, aínda que ben puideramos elixir unha pedra branca, porque a cor do loito é cousa de culturas e non de esencias, pero eliximos o símbolo do loito na nosa cultura, para que todo o mundo puidese entendelo.Estamos tristes porque foi unha materia que nos deu, como profesores e como alumnos, un montón de bos momentos, unha capacidade de ver a diversidade do ser humano dende múltiples perspectivas e, por iso enriqueceunos a todos. Foi unha materia que malia non ponderar para a Selectividade sempre tivo un alumnado incondicional que se decataba do moito que podía achegar á súa formación, dende as ciencias ou as humanidades, por iso mantívose sempre, malia as loitas polo espazo que teñen lugar, todos os anos, nos institutos de secundaria.Agora, aínda que moitos sigamos interesados por todo o que ten que ofrecer esta materia, o certo é que, ao perder a súa entidade como materia do bacharelato, será unha gran descoñecida entre a poboación. Cando moitos volvan a escoitar a palabra "antropoloxía" volverán preguntar "Antropoque? " como sucedeu ao principio desta aventura. Foi precisamente esa pregunta a que deu lugar ao titulo deste Blog.A partir deste momento non haberá máis entradas ao blog que se manterá inalterado como unha reliquia dun tempo que xa deixou de existir, polo menos no IES de Ames, o meu lugar de traballo. Aqueles que tedes a fortuna de seguir impartíndo esta materia por última vez podedes seguir mergullándovos entre as súas páxinas, que xa non cambiarán, pero que permanecerán mentres alguén as utilice.

Lanzamos o proxecto Aldeas

Como vimos contando ao longo do curso estivemos ocupados na preparación do proxecto Aldeas. Finalmente estamos preparados para lanzar a iniciativa de emprendimento social, mañán será o día do lanzamento. O alumnado de Antropoloxía e Música contarán o seu traballo e o que agardan que se faga o curso vindeiro. Deixavos o video que realizamos para o lanzamento e a dirección do Sitio Web do proxecto.


https://sites.google.com/site/asaldeasdeames/