Antropoque?
COMEZO DO CURSO. Podedes seguir os temas do curso na pestana TEMAS
Hoxe comezamos o percorrido polas cuestións que nos preocupan cando falamos e tentamos entender ao ser humano De ónde vimos? Cómo chegamos a ser humanos? Porque camiñamos a dúas patas? Somos sociais por natureza? De ónde proveñen as crenzas relixiosas? e asi, moitas mais.
A investigación ten, como o ser humano moitas facetas, moitas ramas que permiten ver aos homes e mulleres desde moitas perspectivas diferentes. Pero só a través do conxunto que conforman poderemos chegar a comprender a complexidade que da lugar ao ser humano e as súas construccións culturais.
A antropoloxía biolóxica, pertence ao ámbito das ciencias naturais, a súa metodoloxía é experimental e científica e os datos sobre os que reflexiona son feitos naturais, estatísticos. Sobre estes datos elabora hipóteses e teorías que deben ser sometidas a constrastación, reconstruíndo os escenarios non que deberon constituirse orixinalmente eses feitos naturais. Unha tarefa moi complexa e non exenta de dificultades.
Un dos proxectos mundiais mais importantes entorno ao proceso de hominización está en España, é o proxecto de Atapuerca, dirixido polo profesor Arsuaga. A continuación, un vídeo que describe esta investigación:
A antropoloxía cultural, pola súa parte céntrase na vida social humana, as súas estructuras e produccións materiais e símbolicas. É unha rama das ciencias humanas, cuns métodos moi diferentes aos da antropoloxía biolóxica. A antropoloxía cultural é unha disciplina moi recente, aínda que ten á súa orixe na preocupación filosófica polo ser humano que están nas raíces da nosa cultura.
As investigación antropolóxicas, tanto na súa vertente biolóxica como cultural, teñen os seus alicerces na investigación filosófica. Tamén é preciso o saber totalizador da filosofía para poder facer a reconstrucción do que o ser humano unificando todas as perspectivas das ciencias particulares. No seguinte vídeo podes ver como foi a evolución destas disciplinas ao longo da historia e as súas relacións coa filosofía. (en portugués)
Podes comezar por ir estudiando os temas que propoñemos ou podes comezar por sumerxirte no mundo primitivo a través do cine. Ti decides, pero, en calquera caso afonda sempre nos misterios da evolución humana.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario