Sociais por natureza?

Case todos os estudios antropolóxicos insisten nas diferencias entre as sociedades animais e as humanas. Os estudios dos primates advirte, sen embargo, de que hai moitísimas semellanzas.Os animais sociais, tamén o ser humano, conforman a rede das súas relacións através do afecto e o pracer. A oxitocina semella ter moita importancia na constitución da familia e a sociedade tanto en animais como en humanos. Poderíase dicir que "a oxitocina é o pegamento da sociedade". O paleontrapologo Paul Zak, publicou os seus estudios sobre este tema na revista Nature.




No documental "Mais aló da supervivencia" da serie da BBC The Ape Man, explicánse todos os aspectos biolóxicos e sociolósicos que levan á nosa especie a manifestar impulsos creativos que marcan a diferencia co comportamento animal. A nosa especie acostuma a buscar nos obxectos unha función que vai mais aló da súa utilidade primaria. Par escapar da rutina, precisamos crear, xogar, ir máis aló de cubrir as necesidades básicas. Esta característica da nosa forma de ser "humanos" incide tamén nas nosas organizacións sociais: A maneira de relacionarnos vai mais aló do intercambio de servicios, a relacións sexuais van mais aló da procreación, as relacións biolóxicas poden construirse artificialmente.....

A creatividade semella ser unha característica da nosa especie, de feito está na orixe da nosa aparición como especie:





Os seres humanos aprendemos a convivir en sociedade a través do xogo, como todos os primates, pero, a diferencia dos demais animais, xogamos toda a vida. O xogo permite que os seres humanos desenvolvamos a imaxinación, a creatividade e as nosas habilidades sociais.




O desenvolvemento destas habilidades sociais garante o noso éxito na sociedade. Tomar en consideración o comportamento e as reacción dos outros membros do grupo para poder interactuar con eles dunha forma eficaz, é unha estratexia que compartimos cos animais sociais superiores. Tamén eles teñen unha linguaxe que permite a comunicación de expectativas, necesaria para garantir a supervivencia. Sen embargo o ser humano ten sistemas de comunicación mais complexos, por exemplo as institucións. Aínda así podeos observar, como antropólogos, o comportamento humano como se estivesemos visitando un zoo, o zoo humano.

Ningún comentario: