Estamos comezando un novo curso. Para comezar aprenderemos como traballan os antropólogos. Na súa vertente física ou biolóxica, algúns traballos dos antropólogos forenses están moi de actualidade. Nos laboratorios médicos do cancro, nos laboratorios de medicina legal, onde se fan análises de paternidade e tamén sobre mostras extraídas nos "corpos do delito". En fin, se queredes probar algunha das súas técnicas, deixovos un enlace á páxina de Bioloxía humana da Universidade de Arizona. Alí poderedes realizar exercicios con cromosomas e aprender a determinar a paternidade ou o grupo sanguíneo dun individuo. Divertídevos.
http://www.biologia.arizona.edu/human/human_bio.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario