O SOLSTICIO HIEMAL, ou do Inverno é o momento do ano en que o Sol se atopa sobre un dos trópicos. Neste momento ten lugar o día máis curto e a noite máis longa do ano no hemisferio boreal (no austral, sucede exactamente o contrario). Case todas as culturas teñen festas asociadas a este momento. A nosa non é unha excepción. No que si é especial a nosa festividade do solsticio de inverno é na variada superposición de festas e ritos que proceden das diversas culturas que foron superpoñendose ao longo da historia de Galicia. Ritos ancestrais, celtas, romanos, xudeos e cristiáns superpóñense nunhas festas que son as máis longas do ano. Como en moitas outras festas, temos ritos que usan o lume, a auga, como elementos purificadores e de comunicación coa natureza, con plantas e froitas, símbolo do rexurdimento da vida na primavera, cos regalos e a comida como símbolo da comunidade, condición necesaria da existencia humana.
Para saber máis do Nadal na nosa cultura:
Trece Noites, Trece Lúas, Libro das Marabillas de Nadal. ed. Xerais. De Antonio Reigosa
Ningún comentario:
Publicar un comentario