Esta semana que temos a oportunidade de escoitar á profesora Lucinda Sousa no Ciclo de Conferencias que organiza o IES de Ames, será un bo momento tamén para a reflexión antropolóxica. A profesora Lucinda Sousa disertará sobre As Forzas Creativas da Lingua Inglesa. Desde este blogue propoñemos a lectura do texto de Laura Bohannan: Shakespeare en la selva. Un relato da creatividade que desprega un texto do mais famoso dramaturgo en lingua inglesa, cando se lle narra a un povo da selva africana, os Tiv.
podedes ler o texto en: http://www.antropologiasyc-106.com.ar/constructores/10cap2_boh.pdf
O texto comeza falando da fonte mesma do problema creativo: " Vos os americanos -dixo un amigo- adoitades ter problemas con Shakespeare. Despois de todo, era un poeta moi inglés, e un pode doadamente malinterpretar o universal cando non entendeu o particular"
Por suposto a conferencia coma sempre na Casa da Cultura de Bertamiráns´, este mércores ás 18:30h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario