A mente humana, por exemplo é unha fonte interminable de investigación. Podemos ver o vídeo seguinte e pensar posible tipos de investigación a facer en relación ao tema na nosa contorna inmediata.
Tamén poderíamos dedicarnos a algo mais preto da tradición e rematar o traballo sobre a romaría de Santa Minia do Concello veciño de Brión.
Podedes ver mais videos en:
Aula virtual de Antropoloxía. videos Santa Minia
O curso pasado comezamos tamén un proxecto de investigación no patrimonio. Esa é outra opción. Traballamos os petróglifos. Poderíamos seguir este ano completando ese traballo engadíndolle un traballo sobre patrimonio inmaterial, aredor dos contos e lendas vinculados a estes restos arqueolóxicos e outros da nosa contorna. Agora podes ver un prezi sobre o traballo dos petroglifos e tamén o desenrolo do traballo ata agora na Aula virtual.
Seguiremos pensando temas e propostas de traballo. Se tes interés nalgun traballo en concreto será tamén benvido. Fai a túa proposta nun comentario e valoraremola.
Ningún comentario:
Publicar un comentario