O HOME NO SEU MUNDO
O alumnado de 2º de ESO do IES de AMES, levou a cabo durante este curso un traballo colectivo titulado "O HOME NO SEU MUNDO" que recolle información sobre as diferencias etnias e comunidades primitivas que existen, aínda hoxe, no noso planeta. Un traballo que nos permite percibir o que de común ten a natureza humana, as constantes universais, pero tamén a diversidade de propostas para a subsistencia e a adaptación ao medio que elaboraron as diferentes comunidades humanas ao longo da súa historia. Comezamos polos Maories, da man de Juan Zalvide... despois seguiránlle moitas mais.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario