Aldeas Novas


E comezamos a preparar o noso traballo de investigación do curso 2013-14. Este ano o obxectivo serán as Aldeas, as vellas e as novas, as da nosa contorna e as máis afastadas.
Partimos de terreo coñecido. O ano pasado o alumnado de 1º de ESO do noso IES fixo un exercizo de escritura cooperativa, dirixidos pola profesora Susa Fenández Lopo. Seguindo os pasos de Neira Vilas volcaron a súas experiencias de nenos da Aldea… esta vez unha Aldea Nova, nun cartafol que nos amosa as inquedanzas da xuventude actual.  


Aldea Nova eche unha urbanización, unha aldea moderna, coma as casas da aldea teñen o baixo, onde está a cociña, o salón é un servizo, e o piso, onde están os cuartos. Talmente coma a dos meus avós, que trocaron as cortes das vacas polo comedor con lareira. Meus avós gardaban  o carro no alboio; pra os coches, estas casas non teñen más ca un cuberto. Un cartafol chamado Balbino. 1º ESO IES de Ames



A aldea é unha mestura de lama e fume, onde os cans ouvean e a xente more “cando está de Deus”, como di a madriña. Os rapaces somos tristes. Enredamos, corremos tras dos foguetes e ata rimos, pero somos tristes. Temo a pobreza e os trafegos da terra niñados nos ollos.  Memorias dun Neno Labrego. Neira Vilas.Edit. Galaxia



O noso obxectivo será elaborar unha comparación entre o xeito de de vida nas aldeas tradicionais, e a forma de vida das “Novas Aldeas” ou urbanizacións. Que mudou, como afecta á vida da xente… Tentaremos nesta ocasión un traballo coas metodoloxías da antropoloxía audiovisual. Podedes seguir a metodoloxía do traballo  na nosa aula virtual, en: 

Ningún comentario: