O colonialismo adquire novas formas

O uso dunha cultura como espectáculo foi unha das constantes dos procesos coloniais. Os estados financiaron as expedicións de carácter antropolóxico para comprender as culturas que se atopaban na súa expansión coa finalidade de poder integralas ou usalas nos seus procesos expansionistas. O resultado histórico foron pobos subordinados, culturas desaparecidas, diversidade humana eliminada para obter unha desexada uniformidade en aras do progreso social. O complexo de superioridade da cultura occidental fai que entre como un elefante nunha cacharrería destrozando todo o que atopa ao seu paso. A derradeira mostra deste espíritu é o novo programa de espectáculo-realidade da cadea Cuatro, Perdidos na Tribo. Aqui podedes ver un exemplo de como un home superior, branco, culto explica a un conxunto de primitivos o uso do civilizado cepillo de dentes. !Desde logo todo o contrario á Observación participante" que parte do respecto e a aceptación!

Ningún comentario: