A cuna da humanidade


Unha vez mais as investigacións científicas achéganos á orixe do ser humano. E unha vez mais os resultados destas investigacións acaban cos prexuízos racistas. As diferentes tipoloxías humanas son o resultado de adaptacións moi recentes ao entorno na historia da nosa especie. Os brancos, occidentais, dos países desenvolvidos fariamos ben en reconsiderar o noso punto de vista respecto ás outras etnias presentes en todo o mundo. Algúns intelectuais xa nos veñen axudando a facelo desde hai tempo. Mais información en www.publico.es (Noticia aparecida o venres 1 de Maio na edición en papel)

Segundo os vellos sabios da rexión Colombiana do Chcó,
Adan e Eva eran negros, e negros eran os eus fillos Caín e Abel.
Cando Caín matou ao seu irmán dun garrotazo,
tronaron as iras de Deus. Ante as iras do Señor,
o asasino palideceu de culpa e medo, e tanto palideceu
que branco quedou ata a fin dos seus días.
Os brancos somos, todos, fillos de Caín.

Ningún comentario: