O colonialismo cultural tamén entre nós


O períodico El País, faise eco hoxe da loita que ten unha muller xitana para poder cobrar a pensión de viudedade que o INSS lle leva anos denegando. O estado español que recoñece mesmo parellas de feito, non recoñece un rito de matrimonio propio a etnia xitana. Outorga á familia o libro de familia numerosa, pero non recoñece os dereitos da muller como viúva ao non estar casada. A sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid di litralmente:
"Una etnia es un grupo diferenciado por razón de la raza, pudiendo ser múltiples las que albergue un Estado sin que por ello se diluya o fragmente su ordenamiento jurídico en tantas cuantas razas lo integren, y un rito es una ceremonia o costumbre y por lo tanto sólo regirá en defecto de ley".

A lei é un mecanismo importante na eliminación das culturas porque equipara todas as formas de vida baixo un denominador común. É necesaria para a convivencia, pero, cando interfire nas formas de relación entre os seres humanos, transforma a súa forma de enteder o mundo e, xa que logo, a súa cultura. Segundo as nosas leis unha unión de feito, recoñecida ante as autoridades ten os mesmos dereitos que un matrimonio formal. O matrimonio xitano non porque non se promulga baixo a mesma autoridade. En conclusión un xogo de poderes ao fin. Podes ver a noticia completa en www.elpais.com foto: CRISTÓBAL MANUEL para El País

Ningún comentario: