O elo perdido


"É como atopar a arca perdida para os arqueólogos", afirmaba o coordenador do traballo de investigación, Jorn Hurum, da Universidade de Oslo,-Este fósil será o que mais apareza nos libros de texto durante os próximos 100 años".
O descubrimento dun novo fósil de primate fai aparecer de novo titulares sobre o elo perdido e tamén moitas críticas sobre a necesidade de remontarnos tanto cara as nosas orixes. Todos debemos recordar que a evolución dos seres vivos está chea de descontinuidades na cadea evolutiva que leva ao ser humano actual. Como tampouco é posible saber con certeza o grao de parentesco entre as especies de fósiles que van aparecendo porque a veracidade dun escenario evolutivo non pode ser comprobada empiricamente e iso fai que, en moitas ocasións, as teorías queden propostas como meras hipóteses.
Os científicos apoian as súas conclusións sobre este novo fósil nas características anátomicas que o situarían entre os lemures e os simios, no momento en que estas dúas ramas de primates se separaron. O fósil "darwinius" semellase aos lémures, co pulgar opoñible característico dos primates e unha disposición das súas extremidades que parece encamiñalo cara a bípedia. A antigüidade deste fósil sitúase en 47 millóns de anos. Pódese ollar o estudio publicado ao respecto na revista en liña PLoS ONE: http://www.plosone.org/article/info:doi/10.1371/journal.pone.0005723

Ningún comentario: