As festas de Santa Minia

Para comezar a nosa aventura pola antropoloxía, podemos exercer antropólos improvisados e votar unha ollada ao noso redor.
Moi preto de nós, podemos ver, se miramos con ollos de antropólogo reminiscencias de antigas formas de relixiosidade, que o ser humano leva practicando miles de anos. Ao longo de toda Galicia atomapos romarías nas que os exvotos, a adoración ás reliquias e os rituais de sanación, son similares aos que xa realizaban nas covas de pedra os nosos antepasados. En Brion podedes, o 27 de setembro, vivir unha destas exeperiencias. Algunha información sobre esta festa poderedes atopar en
http://www.infobrion.com/publico2/culturap.php?id=436

O culto ás reliquias (restos sagrados) é moi importante nas culturas nas que os representantes do ámbito do sagrado son venerados en vida, pero tamén está presente en todas as relixións animistas que outorga poderes máxicos a obxectos físicos vinculados a espazos sagrados, como ocurre nos pobos antropofagos ou entre os cortadores de cabezas.
Neste sentido, podemos leer a oración a Santa Minia que aparece nas imaxes da Santa:
“Señor, nos acogemos confiadamente a tu providencia que nunca se equivoca, y te suplicamos que, por intercesión de Santa Minia, apartes de nosotros todo mal y nos concedas aquello que puede ayudarnos para la vida presente y futura. Amén.”
Santa Minia (a través das súas reliquias) convertese en intermediaria que nos pon en contacto coa divindade. A oración tenta influir nesta, aceptando o presuposto do poder absoluto desta, pero aínda así outorga á santa a capacidade de manipulación dos favores da divindade.

Os exvotos (ofrendas) feitas en cera, simulan diferentes partes do corpo humano. Cada romeiro escolle aquelas que están relacionadas coa súa enfermidade, ou que foron protagonistas dun acto de curación atravésdo poderes milagrosos da Santa. O mesmo santuario, onde se realiza a festa é un exemplo típico das características que este tipo de lugares presenta:
Un lugar elevado que permite a visualización do entorno e a estructura territorial do mesmo.
Unha fonte de auga que permite a purificación do romeiro.
Unha carballeira que transmite o espirito dunha relixiosidade ancestral vinculada coa terra, a través da súa árbore totémica.

Se tes algún documento sobre festas e/ou tradicións propias da nosa terra, podes envíarnolo xunto coa túa primeira explicación antropolóxica.

Ningún comentario: