O dia dos mortos

As tradicións ao redor da morte están presentes en tódalas culturas. O ser humano xurdiu como tal cando a súa conciencia espertou e foi quen e decatarse da súa mortalidade e preguntarse polo sentido da vida. De tódalas preguntas que o ser humano se fai ás mais inquedantes son as que xiran ao redor do feito inevitable da morte e o sentido desta, tanto para os que se van como para os que se quedan. O día 2 de Novembro os nosos cementerios están cheos de frores, de cirios, as tumbas estan limpas, pero ademais fanse magostos, coménse osos de defuntos e nos ultimos tempos decoránse as entradas das casas con cabazas ocas que alumean as rúas coas luz das candeas. Todas esas tradicións teñen unha orixe, unha explicación e un sentido cultural.

Os ritos doutras culturas atenden a outras formas de entender a morte, entre os Mayas de Pomuch en Campeche (Mexico) este día de defuntos cumpren o rito ancestral de desenterrar os seus mortos, bañalos e mudarlles a roupa. Esta actividde é unha forma de convivencia familiar, unha forma de recoñecer a comunidade de mortos e vivos. Para os pomuchenses, o mortos viven ao seu redor, nun mundo paralelo, pero no día de defuntos pasan do seu mundo ao mundo material para convivir con eles durante a celebracion do "Hanal Pixáan (Comida de mortos)". A comida símbolo de vida compartese cos mortos durante todo un mes, o cabo do cal os mortos retornaran ao seu mundo. A limpeza dos restos e o cambio dos sudarios axuda aos mortos nese tránsito, para comezar a súa nova vida. Para a cultura Maya, a morte non é desaparición, senón cambio de estado, unha vivencia diferente, unha formade vida diferente. A crenza nunha vida despois da morte permite asimilar a morte como algo natural, como en Pomuch, onde ninguén ten medo dos mortos.



Tamén en Bolivia desenterranse os mortos, para celebrar este día, estas tradicións entran en conflicto coas novas crenzas cristianas que se extenderon polo continente americano despois da chegada dos españois e, aínda hoxe son fonte de conflicto:



A mesma tradición e as mesmas crenzas e rituais están presentes en case todas as culturas indixenas precolmbinas




Neste video de Ecuador podemos ver como a comida ten unha importancia fundamental. Os doces, a auga, o lume, elementos fundamentais para manter a vida, son ofrecidos aos mortos que, devoran os olores destas ofrendas e así non devorarán as almas dos vivos e volverán á súa vida de ultratumba onde tamén irán os vivos algún día. A mesmo tempo esta festa é motivo de celebracións comunais, e de compartir viandas.



Tamén nos altares de mortos mexicanos a comida e outros símbolos teñen moita importancia. Neses altares podemos ver como interrelcionan crenzas de diferente procedencia, en parte prehispana e en parte procedente da relixión católica:



En todas as festas en torno a morte os elementos básicos, auga, terra lume e aire deben estar presentes. A utilización destas forzas da natureza explica a concepción do mundo e o lugar do ser humano nela. Nete video sobre os otomies podemos ver como se interrelacionan todos estes elementos:



As cabazas de Haloween (procede da expresión inglesa All Hallow's Eve (Víspera do Día de tódolos Santos) proceden dunha tradición celta de fai mais de 2.500 años. Para os celtas o ano remataba ao final do verán, cando o gando tiña que recollerse para o inverno. No día de Hallowen os celtas crian que os espíritos podían sair dos cementerios e apoderarse do corpo dos vivos para resucitar. Para evitalo decoraban as casas con caveiras, osos e outros motivos que daban medo, para espantar ás anímas e guialas ata un lugar mellor. Os emigrantes irlandeses exportaron esta tradición ao Novo mundo e as caveiras converteronse en cabazas con sorriso arrepíantes.

Nos derradeiros anos, no noso entorno mesturanse diferentes tradicións, e moitos preguntamonos cales son verdadeiramente autoctonas. O samahin, festa celta, semella estar nas orixes do Haloween e as nosas sociedades postindustriais estan recuperandoa como propia, sen embargo pouco se sabe dos costumes e crenzas celtas no norte de españa. En Galicia é tradicional comer castañas nunha celebración comunal, chamada Magosto. En Asturias e Cataluña tamén existe esta tradición.
Os mortos tamén andan entre os vivos en Galicia e saen en procesión. A Santa Compaña pode, no día dos mortos, entrar na Igrexa, sitio que lles está vedado noutras ocasións. Como é ben sabido os simbolos da Santa Compaña refirense tamén aos catro elementos. O lume nas candeas que levan, a auga bendita coa que podemos protexernos dela, os alimentos que non debemos, en ningún caso, aceptar da man que no los ofreza... A relación e dependencia entre vivos e mortos tamén está presente na crenza de que a Santa Compaña precisa un vivo para dirixila e que calquera encontro con ela, pode levarnos, durante un ano a presidir a macabra procesión das ánimas.



Ningún comentario: