O clan do Oso cavernario


Baseada nunha novela de J. Auel, esta película narra o encontro dunha nena pertencente a especie sapiens sapiens cunha tribo de neanderthais. O pobo neandertal ten unha linguxe reducida e primitiva e con tradicións ancestrais que lle impiden evolucionar. a intelixencia da nena e a súa forma de aprender impídenlle ser parte integral do Clan e iso fara que sexa rexeitada polo mesmo.

na Wikipedia pódese atopar información ao respecto.

Esta é a escena onde se atopa a protagonista, Ayla, co Clan, despois de perder á súa nai nun terremoto.



No seguinte video poden observarse algunhas das diferencias cognitivas entre neanderthais e sapiens.



Algunhas das escenas da película amosan a forma de vida primitiva, como as formas de pescar ou cazar.



E tamén a estructura patriarcal do Clan.



Hai que indicar que algunhas das hipóteses plantexadas na novela e na película están hoxe desbotadas completamente, como a suposta reproducción e mestura xenética entre neanderthais e cromagnons. Sábese hoxe que esta non era posible debido á diferencia xenética. A película narra, sen embargo, que Ayla ten un fillo froito da violación por un membro do clan.

Ningún comentario: