Na procura do lume



Película do director canadiense J.J. Annaud en 1981, narra a historia da viaxe de tres neanderthais que saen na procura do lume, que coñecen pero non poden dominar e que perderon como resultado da loita con outros homínidos primitivos.
A película permítese algunhas licencias, como facer convivir clases de homínidos que non apareceron no mesmo contexto nin xeográfico nin histórico, pero aínda así é un documento de moito valor para representarno as condicións nas que os primeiros seres do xénero homo tiveron que sobrevivir.


Na Wikipedia poderás atopar información sobre a película e súa ficha no catálogo IMDb.

Esta película pode verse ao comezo do primeiro trimestre ou ben despois de rematar os contidos de antropoloxía biolóxica. Neste derradeiro caso é mais doado recoñer moitos dos elementos que se foron explicando ao longo do curso.

Nos seguintes vídeos atoparás algunhas das especies de homínidos que aparecen na película. En concreto, neanderthais e homo ergaster e homo sapiens sapiens.

Ningún comentario: