
Todas as sociedades teñen unha organización do traballo e dos recursos naturais ademais da tecnoloxía necesaria para producir e distribuír bens e servizos, é dicir, teñen un sistema económico. No noso mundo civilizado estamos acostumados a pensar en termos de diñeiro, pero nas sociedades mais simples, o sistema era o de intercambio de bens directamente, sen mediación da moeda. Nestas sociedades a reciprocidade ou a redistribución representan o centro da súa vida económica.

As sociedades mais simples usan unha forma de intercambio económico que se adapta a condicións de vida na que se precisa a colaboración de todo o grupo para a supervivencia en entornos nos que os recursos son escasos. Estas sociedades deben evitar o esgotamento dos recursos e, por iso, deben evitar a acumulación e a explotación excesiva do seu medio. Estas condicións están presentes nalgunhas sociedades de cazadores e recolectores como inuits, semais e bosquimáns.
Polo contrario, nas sociedades nas que se iniciou a domesticación de plantas e animais, fixo que a presión sobre o habitát non fora tan importante, por iso foi posible aumentar a intensidade da obtención de recursos e a acumulación dos mesmos.Pero garantir a estabilidade do grupo e a cooperación tamén é importante nestas sociedades, así que a redistribución foi a resposta a este problema. Nas sociedades redistributivas, os festíns períodicos, mediante os que se adquire o status, fan que se produza a redistribución dos recursos, se establezan alianzas e mecanismos de axuda e reciprocidade.
Algunhas das mais estudiadas foron:
o Circuito Kula de intercambio nas illas Tobriand e estudiado por Malinowski (podes atopar mais información en Wikipedia)
o Potlatch entre os indios norteamericanos da costa do pacífico (tamén podes atopar información na Wikipedia)

Foto: Festa do porco nunha aldea Yali, Eduardo Lostal
O caso dos festins de porcos entre os Maring de Nova Guinea ilustra moi ben a transición entre unha sociedade da reciprocidade a unha sociedade da redistribución. Os Maring, inicialmente recolectores, introduciron a domesticación do porco ao esgotarse os recursos naturais. Esta introducción da domesticación de animais iniciou unha estructura social baseada na adquisición de prestixio a través da donación en festíns do maior número de porcos posibles.

Para valorar os teus coñecementos sobre estratexias económicas das diferentes sociedades fai o test
Ningún comentario:
Publicar un comentario