Como chegaron a formarse as formas políticas que organizan as sociedades complexas actuais? Os antropólogos tentan respostar esta cuestión analizando algúns dos grupos primitivos que existen aínda hoxe. A súa organización e normas de funcionamento e elección de líderes poder dar respostas sobre a evolución dos estados modernos.
As sociedades máis simples que podemos atopar son as sociedades de bandas e aldeas. Teñen unha forma de vida nómade (totalmente, ou periodicamente, a propiedade é fundamentalmente colectiva e os obxectos privados limítanse a aqueles que os individuos poden transportar facilmente. Estas sociedades son moi igualitarias e as relacións de parentesco substitúen ás formas de organización complexas. A reciprocidade, e a solución comunitaria dos conflictos son as formas de regular as interaccións sociais.
Na película "Os Deuses deben estar tolos" describénse esta forma de vida dos habitantes do Kalahari
As formas en que se solucionan os conflictos,tamén son diferentes a como se solucionan nas sociedades máis xerarquizadas: as loitas simbólicas, as cancións ou os retos, son forma de advertir, comparar e xerarquizar, sen chegar ao derramamento d sangue. Nese clip da serie Otros Pueblos sobre os Yanomani pódese ver un comportamento simbólico deste tipo durante un reahu:
O seguinte nivel de estratifición é o das sociedades dos grandes homes ou redistribuidores, xefes con poderes moi concretos, outorgados pola comunidade en razón do prestixio. O que chega a ser xefe ten que gañalo, e forma que toda a comunidade se beneficie. O líder pode xulgar pleitos, ou dirixir as decisións da tribo nalgúns aspectos (naqueles para os que ten prestixio, e só mentres segue mantendoo)
No seguinte clip extraído do documental Otros Pueblos: Los Masai pódese observar a importancia dun xefe:
Ningún comentario:
Publicar un comentario