O home procede do mono?




A cuestión da orixe do ser humano segue causando, aínda hoxe en día, encendidos debates entre os defensores do evolucionismo como explicación da orixe das diferentes especies, e os defensores do creacionismo, que afirman a creación divina do mundo, tal e como o coñecemos hoxe.



A teoría da evolución, proposta por primeira vez por Charles Darwin, afirma que as diferentes especies xurden pola aparición azarosa de características físicas e/ou psicolóxicas, que facilitan a adaptación ao medio no momento en que aparecen e, xa que logo, permiten que os individuos que as portan sobrevivan e se reproduzan. O proceso que nos describe a teoría evolucionista podería ser como se propón, a grandes trazos, no seguinte vídeo:




Os creacionistas negan a teoría evolucionista de Darwin negando a verosimilitude das evidencias fósiles, pero tamén propoñendo o argumento da necesidade dun deseño intelixente, dunha causa da complexidade do mundo e da variabilidade de especies.



Cales son os argumentos do deseño intelixente? Basicamente afirman que á evolución non é unha explicación válida porque os organismos complexos non poden xurdir a partir de organismos mais simples, porque fan falta todas as súas partes para que funcionen.



Sen embargo este argumento é falso porque os organimos vivos evolucionan mediante mutacións xenétias aleatorias e a selección natural, que fai posible a supervivencia dos mais aptos. A evolución dun organismo non é un proceso secuencial, senón que evoluciona en saltos evolutivos. Por exemplo a bipedía humana non foi o froito dunha posición erecta progresiva, senón resultado dunha mutación que cambiou radicalmente a fisioloxía da nosa columna vertebral, a nosa pelve, o foramen magnun e a nosa musculatura paravertebral, como consecuencia do que variou tamén a nosa estructura cerebral.



E ti, qué pensas?

Ningún comentario: