Para que camiñar con dúas patas?


A bipedía (camiñar sobre dúas extremidades) é unha das características da nosa especie. Durante moito tempo os científicos pensaron que a causa de que esta característica fora seleccionada pola evolución, tiña que ver coa liberación das mans e as vantaxes que a acompañaban. Nalgúns filmes de ficción como 2001: Unha odisea do espacio de S. Kubrik faise notar como a fabricación de utensilios, entre eles as armas, foi crucial nas orixes do ser humano. Toda a tecnoloxía que conseguiu desenvolver a nosa especie foi posible por esta liberación das mans.



Tamén o especialista en comportamento animal Desmond Morris elaborou alguns documentais sobre a orixe do animal humano, entre eles este capítulo dedicado ao mono cazador:

Temos que fixarnos nas explicación deste afamado etólogo. As súas explicacións tenden a facer pensar nunha intencionalidade da nosa especie por aproveitar a bipedía. Ista é unha explicación confusa. A evolución selecciona determinadas capacidades porque permiten que uns organismos sobrevivan, pero esta selección non ten finalidade nin un obxectivo racional. O mono cazador sobreviviu porque a súa dieta llo permitiu. Sen embargo todo apunta a que outras vantaxes que acompañaban a bipedía foron mais importantes para esa supervivencia: a maior disipación do calor corporal, ou a posibilidade de coidar mellor das crías.

A bipedía supuxo todo un reaxuste corporal no que interviron moitos cambios nos nosos órganos internos e externos. Un dos cambios anatomicos que fixo posible a bipedía foi o cambio de estructura e posición do oso esfenoides, que permitiu todos os cambios a nivel craneal que sostiveron un cerebro que se erguía sobre dúas patas

O que sabemos hoxe en día e que, aínda que bipedía e intelixencia están moi ligadas, primeiro foi a bipedía, mentres que a intelixencia, ligada ao aumento da encefalización foi posterior. Os restos de Lucy (Australopithecus afarensis) amosános un cuasihumano, claramente bípede pero cunha intelixencia moi próxima aos nosos parentes simios.

Alguns documentos como este dobre o simio Oliver fannos pensar sobre o grao de similitude entre simios e humanos.

Ningún comentario: