A evolución, cousa de mulleres?



A meirande parte dos textos de antropoloxía, falan da "evolución do home", como se fose o varón da especie o único que evoluciona. As investigacións actuais apuntan a que a evolución seguiu camiños diferentes para homes e mulleres. No programa Redes, Punset entrevista á antropóloga Helen Cronin respecto a este tema.




A evolución do corpo da muller, permitiu moitas das transformacións que diron lugar ao ser humano. A súa nova morfoloxía sexual, adaptada á bipedestación, e o ensanchamento da pelve, permitiu ter crías cun cerebro cada vez maior. O libro La cadera de Eva. José Campillo Álvarez. ed. Crítica. cóntanos como tivo lugar esa transformación, e a importancia dos osos da femia humana para que se levase a cabo.


A Bioloxía do amor:. A princio dos anos 70 o étologo inglés, profundizou no comportamento sexual humano. Morris achégase a esta conducta cunha perspectiva biolóxica, tomando ao ser humano coma un animal mais.


Neste documental Morris relaciona as características físicas cos patróns de atracción sexual, en función da súa relación coa saúde e a fertilidade. Pero temos que recordar que nada no ser humano está exento da influencia da cultura. É a cultura a que asigna un significado aos riscos físicos, é polo tanto, estas asociaciones son susceptibles de cambiarse.



Nesta documental podedes observar como, o etólogo Morris adopta unha posición respecto da análise das relacións entre sexos que a antropoloxía do xénero denuncióu nos seus estudios: A premisa cultural de que as diferencias existentes entre sexos son un feito natural. A antropoloxía do xénero recordános que cada cultura elabora, a partir da diferencia sexual, os xéneros sexuais, adscribindo conductas, papeis e atributos ás persoas en función das súas características corporais. Así o que nos resultará "atractivo" non está só condicionado pola nosa natureza, senón tamén polo que temos aprendido a considerar atractivo.



A complexidade das relacións humanas faise patente nesta parte do documental. O "amor" non pode identificarse sen mais coa relación sexual, porque vai mais aló desta, dando lugar a unha relación mais permanente no tempo, e de novo regulada por normas culturais moi elaboradas. Pero a forma en que entendemos a relación amorosa é moi diferente hoxe en día de como se concebiu noutras épocas. O concepto de amor romántico ten unha aparición recente, e está ausente en moitas culturas. O antropólogo non pode deixarse influir por a súa cultura cando estudia as formas de comportamento sexual doutras culturas.



Tamén a forma de tocar ao outro nas relacións sexuais están reguladas socialmente. O grao de aceptación social das expresión de cariño e atracción sexual varia de cultura en cultura e a través do tempo.



Morris presenta a construcción da parella humana coma un éxito evolutivo que permitiu a supervivencia da prole. Pero esta construccción non é un mecanismo da evolución biolóxica, senón cultural. A bioloxía non traballa con finalidades, sen embargo a cultura si. A conformación das parellas estables e todos aqueles patróns culturais que levan a ela, foron unha boa estratexía para lograr sociedades fortes. Estes mecanismos non serían precisos hoxe en día e, xa que logo, vivimos nunha sociedade de cambios respecto da idea de parella, relacións sexuais e amor.



E, sen embargo esta conclusión de que a "condición natural da especie humana é vivir en parella" semella moi apresurada.

Ningún comentario: