O proceso evolutivo que deu como resultado a aparición do homo sapiens, estivo condicionadO polas posibilidades de conseguir alimento. A comida é fundamental para o desenvolvemento da vida, pero tamén está ligada ás reunións sociais e familiares e aos momentos de pracer. Tanto é así, que o exceso na inxesta de alimentos unida á carencia de exercicio, convertiu a obesidade nunha das enfermidades das sociedades opulentas actuais.

http://mono_obeso.typepad.com/
Preocupados por esta tendencia, médicos, antropÓlogos e biólogos tentan abrir novas vias de investigación que toman en consideración a nosa evolución e o papel da dieta nela. O profesor José Enrique Campillo Álvarez da Universidade de Extremadura explica os resultados das súas investigacións:
Tamén, grazas a antropoloxía física, cada vez sabemos máis acerca da nosa evolución, tamén no que se refire aos nosos hábitos alimenticios e ao papel da comida nesa evolución.
Publico. 29 de xullo de 2009
Como todas as actividades humanas, tamén a alimentación está impregnada de cultura. A cultura é unha ferramenta que permite ao ser humano adaptarse mellor ao seu medio ambiente, e dirixe para esete fin os comportamentos máis axeitados. A alimentación non é allea a este proceso. Factores como a relixión influiron en case todas as culturas, na adopción de hábitos alimentarios que, xeralmente, melloraban a forma de vida ou aproveitaban mellor os recusos.
Os grandes banquetes están presentes en todas as culturas como unha forma de relación social. En ocasións, a inxesta de alimentos en grandes cantidades convertese nunha forma de xestionar os recursos e lograr o seu reparto entre todos os membros dunha sociedade. Algunhas sociedades como os indios Kwakiutl ou as tribos de Papua (Nova Guinea), fixeron desta forma de repartir os alimentos e recursos toda unha forma de vida.
O éxito para a supervivencia da nosa especie tivo que ver, en grande medida, cos nosos habitos alimenticios. O ser humano é un animal omnívoro. A súa evolución fixo posible que adaptara a súa dieta a case todos os ecosistemas. A escaseza de froitas e follas fixo que os hominidos con mais posibiliades de alimentarse de fontes alternativas (tuberculos, carroña...) puideran sobrevivir na sabana sen competir cos grandes simios. Algún tempo despois, a nosa habilidade para cazar e preparar a carne para consumila, permitiu que o noso cerebro acadara as dimensións necesarias para un pensamento intelixente.
Moitos hábitos alimenticios dos humanos son sorprendentes, e mesmo asquerosos para xente allea á cultura onde se practican, pero todos eles teñen unha característica común: permiten que o ser humano sobreviva adaptandose aos requerimentos do seu medio ambiente.
O antropólogo Marvin Harris escribiu un libro que estudia os hábitos alimentarios de diferetes culturas: Bueno para comer
Un dos hábitos alimenticios que mais nos sorprende é o canibalismo.O consumo de carne humana estivo presente ao longo da nosa evolución, case sempre como exocanibalismo (comer o humano doutra tribo), pero conforme evolucionaban os rituais culturais, sobre todo os asociados á morte, tamén se practicou o endocanibalismo (comer o humano da propia tribo, case sempre en forma de cinzas ou algunha parte da súa anatomía). Así por exemplo a cerimonia mortuoria dos yanomani (reahu) implica o consumo de cinzas do morto mesturadas con puré de plátano.
Os costumes alimenticios en xeral, e o canibalismo en particular, son un campo de interese da antropoloxía. A través do estudio destes costumes e ritos podemos entender tanto as relacións entre ser humano e medioambiente, como a cultura na que se desenvolven.
Algunhas obras que nos adentran nestes estudios son:


En mediateca rtve podes ver un corto do progrma Leonard sobre os tabues alimentarios, especialmente sobre o canibalismo. Tamén no programa tres14tv
Dende o canibalismo primitivo, que practicaron os nosos ancestros, ata a actualidade, na que algunhas culturas seguen practicandoo, pasaron algúns milenios, nos que o noso modo de alimentarnos cambiou a nosa forma de vida, a nosa economía e os nosos valores. O cultivo de especies vexetais e a domesticación de animais, evitaron os periodos de fame e permitiron a expansión do homo sapiens polo planeta. Pero, tamén fixeron que perderamos algúns dos valores e das condicións físicas que require a vida primitiva.
E ti, prefires levar a vida dun labrego ou a dun cazador-recolector? Os seguintes vídeos poden axudarche na túa decisión:
Un pobo cazador-recolector no Kalahari: os bosquimáns
Un pobo gandeiro e agrícola en Etiopía como debeu ser nun principio sen medios tecnolóxicos. Un vídeo de Intermon:
Ningún comentario:
Publicar un comentario