Dominados polos xenes?


É fácil caer na tentación de explicar a conducta humana acudindo só á nosa herdanza xenética. Hoxe en día, gracias aos avances da bioloxía, podemos explicar moitas das enfermedades e características do ser humano. Pero, ata que punto estamos dominados pola nosa herdanza? O biológo Richar Dawkins puso de moda este tipo de explicación coa publicación do seu libro O Xene Egoísta. O video seguinte é un pequeno resumo desta teoría.



A sociobioloxía recolle esta hipótese científica aplicándoa ao estudio da cultura humana. O documental da BBC Os xenes inmortais tenta explicarnos algunhas destas hipóteses aplicandoas á crianza humana.



O documental de Smart Planet profundiza nos conceptos da sociobioloxía.


Sen embargo a bioloxía non pode explicar todo o comportamento humano. A bioloxía pode producir tendencias, pero a natureza humana ten dado moitas mostras de accións contrarias á súa propia natureza. O seguinte fragmento da entrevista realizada ao neurólogo Ralph Adolphs para o programa REDES (Otelo: ciumes en negro), pon sobre a mesa este debate e comenta algunhas ideas interesantes relacionadas co determinismo biolóxico e o cultural.



Natureza e cultura non son compartimentos etancos: entre unha e outra existe unha interacción permantente, que é tan forte que podemos afirmar que, canto máis natural é un fenómeno (o sexo, a morte ou as actividades biolóxicas elementais) mais acción da cultura se exerce sobre el, impregnándoo de sentido, asimilándoo por medio de símbolos, normas e ritos. (M. Oliveira Malvar, O animal humano)

Ningún comentario: