Mellores brancos ou negros?


A diversidade humana foi, ao longo da nosa historia, unha fonte continua de conflictos. A tendencia que temos os humanos á protección da nosa familia, ou a nosa tribo, fai que teñamos unha tendencia moi forte a ser agresivos co diferente. Aínda hoxe en día, os prexuízos raciais asoman por todas partes na nosa civilización. Moitas personas adxudican características e capacidades diferentes aos diferentes grupos humanos, en base a unha suposta diferencia xenética. Sen embargo estas diferencias no noso xenoma representan só un 0,01%. Factores climáticos e alimentarios parecen estar na orixe das diferencias no fenotipo dos diversos grupos humanos

A polémica sobre as diferencias raciais foi alimentada por intereses relixiosos e/ou políticos. As relixións "do pobo elixido" explicaron as diferencias raciais a partir da creación deliberada por parte da divindade de razas superiores e inferiores. A teoría creacionista sen embargo non é capaz de explicar a diversidade xenética actual.




Actualmente a posibilidade da análise xenética ampliou moito a investigación sobre as nosas orixes. Na década dos 90 publicaronse os primeiros estudios baseados na análise mitocondrial, e hoxe en día o ambicioso proxecto "Genografic" busca as nosas orixes, que semellan ser comúns para todos os humanos, en Africa.



A teoría da orixe única do ser humano en Africa, ou teoría da "Eva Negra", afirma que os individuos existentes hoxe en día proceden dunha única muller, non porque só existise esta, senón porque as restriccións da poboación polas enfermidades, e a limitación dos recursos fixo que so se transmitira ese ADN mitocondrial. Ademais o ADN mitocondrial daquelas mulleres que só parisen varón teriase perdido tamén, pois este tipo de ADN só se transmite matrilinealmente.

A teoría da Eva Negra ten algunhas limitacións debido ao seu obxecto de estudio, por iso hoxe en día estanse a intentar outras liñas de investigación xenética ao redor do cromosoma Y. Entre os primeiros datos que se obtiveron desta investigación está o achádego de que, mentres as variación do ADN mitocondrial están moi extendidas por todo o mundo, os diferentes tipos do cromosoma Y están limitados espacialmente.




Iso coincide coa hipótese de que foron as mulleres as que levaron os seus xenes por todo o mundo ao cambiar o seu grupo de residencia polo da súa parella.

O profesor Arsuaga e Ignacio Martinez do proxecto Atapuerca, exploran no seu libro "La Especie Elegida" as explicacións ao redor da orixe do ser humano. Tomando como base os datos que aporta a excavación de Atapuerca, en Burgos, España, puideron confirmar a hipótese de que a expansión do Homo sapiens, aínda que partiu de África, tivo lugar en varias fases, unha das cales foi a que orixinou os xacementos dos que se ocupa este proxecto.

Ningún comentario: