Por que somos mais listos?


Cal foi o elemento que fixo que os humanos desenvolvesen a súa capacidade de resolver problemas de forma novidosa? As investigacións antropolóxicas céntranse en atopar os elementos que nos diferencias dos nosos parentes mais próximos: os primates.


Graffiti de Berok en www.hhgroups.com/graffiti

A intelixencia é a capacidade de adaptarse ao medio mediante a través dunha captación rápida da realidade e a solución dos problemas cos medios dispoñibles no seu medio ambiente. Segundo esta definición de intelixencia, os animais posúen tamén intelixencia. Pero, a súa actividade de adaptación está rexida polas súas necesidades orgánicas e instintivas. A súa capacidade de aprendizaxe é moi limitada e está suxeita a conductas repetitivas producto do condicionamento.



A intelixencia humana é diferente da animal, nun sentido cuantitativo e tamén cualitativo. O ser humano aprende, non só por condicionamento, senón que tamén é capaz de crear novas solución, dunha forma expontánea . O ser humano, transforma a realidade á súa medida, mentres os demais animais, límitanse a adaptarse ao medio ambiente.



O cerebro humano foi producto dun desenrolo evolutivo, no que se deron grandes saltos evolutivos, o mais recente foi a aparición do homo sapiens sapiens.






A outra gran característica diferenciadora da intelixencia humana é a capacidade simbólica. O home pensa a través de símbolos e palabras, mentres que o animal nin fala, nin pensa falando. O ser humano precisa falar para manter a súa estructura social. Este desenrolo da linguaxe foi posible, tanto polo aumento do cerebro e a súa especialización, como pola estructura social que permitiu sobrevivir aos hominidos.

Ningún comentario: