As sociedades con estado teñen organizacións sociais complexas e estrcturas sociais que permiten un aumento dos recursos ilimitado,sempre que se poida ampliar indefinidamente o territorio. Ao longo dos séculos os Estados foron ampliando os seus teritorios eliminando a todos aqueles pobos que poñian freo ao seu desenvolvemento. No momento actual son escasas xa as sociedades que logran sobrevivir coas súas costumes ancestrais.
Suirval é unha asociación sen ánimo de lucro que loita para que os dereitos dos indíxenas sean recoñecidos en todo o mundo
A situación repítese por todo o mundo
Viaxando por África podemos atopar, como fixeron os estudiantes de antropoloxía Marcela Guerci, Carlos Paz, Horace Gonzalez, Paula Migliardi e Miguel Mugueta; e os antropólogos Lucrecia Ametrano e Adriana Archentti da Facultade de CsSs da Universidade Nacional do Centro da Provincia de Buenos Aires, Arxentina. Samahani, quere dicir perdón en lingua swahili.
Para unha sociedade civilizada é practicamente imposible volver atrás, cara unha vida máis naural e en equilibrio co entorno, sobre todo tendo en conta a gran poboación mundial actual. Pero iso non quere dicir que sexa a mellor forma de vivir. As sociedades de cazadores-recolectores, moito menos productivas, tamén teñen unha carga de traballo menor e a súa felicidade, en termos de insatisfacción, semella ser maior ca nosa. Un pouco de autocrítica é necesaria se queremos mellorar a nosa forma de vida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario