Quen manda na casa?

A idea de que existiron sociedades matriarcais que posteriormente foron substituídas pola actuais sociedades patriarcais,está presente en moitos mitos de todas as sociedades. Nalgunhas como a sociedade Yoruba, aínda se segue a vivir en tradicións e ritos que se cumpren anualente.

Desde fai máis dun século os Yoruba celebran unha cerimonia chamada Gelede que ten por obxecto homenaxear á nai primordial, Iyà Nlà, e ao papel que desempeñan as mulleres na organización social yoruba.



Na actualidade existen algunhas (poucas) sociedades onde o poder é das mulleres. Neste documental fotográfico de Ana Boyé, amósanse algunhas:



Estánse levando a cabo estudios antropolóxicos para observar a vida e costumes destes poucos pobos nos que o poder está detentado por mulleres.



As sociedades patriarcais son aquelas nas que o poder esta detentado polos homes e as smulleres ocupan un lugar subordinado na sociedade. O poder dos homes lexitímase mediante construccións mitolóxicas e morais que, en moitos casos lexitiman a violencia contra as mulleres. A violencia de xénero, o infanticidio feminino son algunhas das consecuencias das sociedades nas que a discriminación do xénero feminino é a norma.




O infanticidio é unha práctica común entre algúns pobos que viven en condicións límites,e nos que escaeza de recursos os leva a precisar un control importante da poboación. En moitos casos a práctica habitual e o infanticidio feminino.



Os antropólogos mantiveron algún tempo que non se debía intervir nos modos de vida dos pobos primitivos. Hoxe en día algunhas teorías están rebatindo esa idea.



Semella existir unha relación entre o tipo de economía que practica unha sociedade e as relacións de xéneros que se manifestan nelas. Así as socedades patriarcais xurden inicialmente en sociedade de pastoreo ou agrícolas. A agricultura require da forza masculina e a domesticación de animais e a propiedade destes requiren unha loita polos territorios de pastoreo que pon en valor as características masculinas fronte ás femininas. A muller perde, así, o papel fundamental que tiña nas sociedades de caza e recolección. No seguinte documental sobre o pobo masai, pode verse esa interrelación. Tamén podemos ver no mesmo documental o ritual que sitúa á muller no seu papel adulto de subordinado ao varón. A ablación do clítoris é unha das prácticas máis cuestionadas desde occidente. Pero máis aló das críticas morais a este tipo de conducta a antropoloxía quere entender como beneficia a unha sociedade este tipo de comportamentos entre os xéneros. Por exemplo, o intercambio de mulleres e unha práctica común entre as sociedades patriarcais. Este intercambio fomenta o intercambio de favores entre diferentes tribos e a interrupción das guerras.



Sen embargo, non todas as sociedades establecen as relacións entre sexos seguindo os mesmos patróns. Os traballos de Margaret Mead durante os seus anos en Samoa amósan que é a cultura e non a natureza a que determina eses comportamentos. O documental The Tales from the Jungle tenta explicarnos os resultados dos seus traballo (en inglés)


Ningún comentario: