Por que precisamos crer?

A relixión e as prácticas que leva consigo están presentes en todas as culturas. Os antropólogos tentan amosarnos, a través dos seus estudios, como inflúen estas crezas na configuración das sociedades nas que se inscriben. A discusión antropolóxica fundamental non reside na cuestión da veracidade destas crenzas, senón en situar o fenómeno relixioso na natureza humana: É un fenómeno esencial para a nosa especie ou máis ben é un producto doutras necesidades humanas máis esenciais.

O filme Baraka de Ron Fricke, filmado en máis de 24 países, presenta a espiritualidade humana como o elemeto que nos distingue doutras especies:
La creencia en un ser superior y  trascendente está en el origen de muchas prácticas religiosas y, aún que existen religiones sin dioses (como el budismo) la creencia en Dios puede dar lugar también a una amplia variedad de creencias y prácticas religiosas.
A crenza nun ser superior e trascendente está na orixe de moitas prácticas relixiosas e, aínda que existen relixións sen deus (como o budismo) a crenza en Deus, pode dar lugar tamén aunha ampla variedad de crenzas e prácticas.

Estas crenzas e experiencias espirituais acompañaron ao ser humano desde as súas orixes tal e como demostran algunhas pinturas atopadas en covas prehistóricas. O simbolismo que agochan estas pinturas foi descifrado por unha cultura primitiva que segue usando os mesmos símbolos para referirse ao mundo espiritual




Relixión e creatividade humana foron, na historia da nosa especie, sempre xuntas. O mito, a narración e as expresións plásticas xurden da nosa necesidade de crear e axudan a dar sentido á nosa existencia De novo o antropólogo Desmond Morris nos axuda a entender esta capacidade e necesidade humana.


As funcións da relixión, no contexto scial, están claras para a antropoloxía, as súas funcións para o individuo son mais difíciles de valorar, pero o contexto cultural, mítico e de valores da significado á vida dos individuos. No seguinte vídeo sobre os aymara podes ver como se relacionan todos estes aspectos

Ningún comentario: