Amosando publicacións coa etiqueta curso 2013-14. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curso 2013-14. Amosar todas as publicacións

Recoñecemento para o Proxecto Aldeas.

Os alumnos de Antropoloxía e Música traballaron a reo o curso pasado. O seu traballo obtivo recoñecemento cunha mención honorífica nun dos Certames que está collendo máis peso na innovación educativa no panorama nacional. O GSDinnova. Moitas grazas por ese empuxón ás ganas de traballar.
http://www.gsdinnova.com/?page_id=422

Xa sabedes onde podedes consultar o noso traballo:


Lanzamos o proxecto Aldeas

Como vimos contando ao longo do curso estivemos ocupados na preparación do proxecto Aldeas. Finalmente estamos preparados para lanzar a iniciativa de emprendimento social, mañán será o día do lanzamento. O alumnado de Antropoloxía e Música contarán o seu traballo e o que agardan que se faga o curso vindeiro. Deixavos o video que realizamos para o lanzamento e a dirección do Sitio Web do proxecto.


https://sites.google.com/site/asaldeasdeames/

As Aldeas de Ames

Estamos traballando e comezamos a subir  ao noso portafolios a documentación do noso proxecto. Epouco a pouco vai medrando. Agora teremos unha colaboración co alumnado de Música, que dirixidos por Xoan-Xil López, verán de contribuir a este traballo mediante un mapa sonoro.  Podedes ir seguindo os nosos avances en... https://sites.google.com/site/asaldeasdeames/ 





Barallando ideas para o curso 2013-2014

Un bo traballo de investigación para a nosa materia tamén podería ser elaborar unha comparación entre o modo de vida nas aldeas tradicionais e a forma de vida das "Novas Aldeas" ou urbanizacións. Que cambia, como afecta á vida da xente, vantaxes e inconvintes. O material, coma sempre documentación, pero sobre todo entrevistas, visitas de observación....

Mais ideas de traballo para o curso que ven

Unha das tradicións dos traballos de campo e descibir o sistema de crenzas relacionadas co comportamento sexual na cultura que se estudia. Poderiamos facer un estudio sobre se comportan os adolescentes no noso entorno en relación aos comportamentos sexuais: costumes, relatos míticos, etc... Para que te motives podes ler o seguinte artigo de El Confidencial
http://www.elconfidencial.com/alma-corazon-vida/2012/08/06/las-mujeres-nunca-hablan-de-su-vida-sexual-previa-103219/

Tamén poderiamos facer un traballo de antropoloxía visual que se titulara "O paso do tempo". Poderíamos estudiar os antes e despois da vida das persoas a través de fotografías similares polas que pasara un periodo longo de tempo. Podes ver algún traballo similar en: 


Barallando ideas de traballo para o curso que ven

Dende a Antropoloxía hai moitas posibilidades de investigación. Como o ano que ven aínda teremos o pracer de poder estudiar esta materia (A LOMCE non termina de aprovarse) podemos comezar a pensar nalgunhas posibilidades de traballo:

A mente humana, por exemplo é unha fonte interminable de investigación. Podemos ver o vídeo seguinte e pensar posible tipos de investigación a facer en relación ao tema na nosa contorna inmediata.

  en Homínidos un rincón para la ciencia y el pensamiento crítico.

Tamén poderíamos dedicarnos a algo mais preto da tradición e rematar o traballo sobre a romaría de Santa Minia do Concello veciño de Brión.

Podedes ver mais  videos en:
Aula virtual de Antropoloxía. videos Santa Minia

O curso pasado comezamos tamén un proxecto de investigación no patrimonio. Esa é outra opción. Traballamos os petróglifos. Poderíamos seguir este ano completando ese traballo engadíndolle un traballo sobre patrimonio inmaterial, aredor dos contos e lendas vinculados a estes restos arqueolóxicos e outros da nosa contorna. Agora podes ver un prezi sobre o traballo dos petroglifos e tamén o desenrolo do traballo ata agora na Aula virtual.




Seguiremos pensando temas e propostas de traballo. Se tes interés nalgun traballo en concreto será tamén benvido. Fai a túa proposta nun comentario e valoraremola.