Amosando publicacións coa etiqueta de quen ves sendo?. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta de quen ves sendo?. Amosar todas as publicacións

E ti, de quen ves sendo?

A nosa primeira referencia é a nosa familia. Damos por sentado a nosa pertenza a un núcleo familiar que, dependendo das culturas, pode estar formado por máis ou menos membros.



O parentesco parte dun feito biolóxico, a filiación, pero exceptúando o vínculo materno-filial, as diferentes culturas e as súas formas de artellar o parentesco, demostran que todos os demáis vínculos familiares son susceptibles de modularse de diferentes formas en diferentes culturas.


Unha das normas case universais, que todas as culturas manteñen é a prohibición do incesto. O incesto consiste na práctica de relación sexuais ou o establecemento de vínculos de parentesco entre individuos previamente relacionados entre si, ben sexa mediante alianza (parentesco por afinidade, matrimonio) ou mediante consanguinidade (parentesco biolóxico ou consanguíneo). A obriga de establecer alianzas matrimoniais ou relacións sexuais fora do matrimonio denomínase exogamia (por contraposición a endogamia). O grao en que cada cultura prohibe estas relacións e obriga á busca de novos vínculos fora do grupo familiar de orixe, varía en cada cultura. Nalgunhas culturas a prohibición do incesto abarca a todos os parentes consanguíneos, mentres que noutras só o fai por liña materna ou paterna, dependendo do sistema de herdanzas e relacións familiares que se establezan. A antropoloxía do parentesco chegou á conclusión de que todas as sociedades se estructuran nunha organización dual que permite buscar o acceso sexual a mulleres ou homes fora do grupo familiar. O concepto de organización dual da sociedade fai referencia ao agrupamento dos seres humanos en, como mínimo, dous segmentos tribais rivais. Estes segmentos terían, nas sociedades máis primitivas o carácter de clan, e as alianzas matrimoniais entre ambos clans buscarían establecer relacións sociais e de cooperación mutua.


O sexo é un forte impulso instintivo, pero as relacións sexuais están definidas e influenciadas pola cultura, e os valores sexuais, aínda que varíen dunha cultura a outra, están na base de todas elas. A organización social descansa, en todas as culturas nas conexións establecidas polas relacións de parentesco que se xeran a través das alianzas matrimoniais. En moitas culturas estas alianzas están baseadas nas relacións sexuais heterosexuais monógamas. Sen embargo, o amor, o sexo e o matrimonio poden presentar moitas variantes e fixar formas de poder e xerarquías sociais moi diferentes entre si.

Antropoloxía do parentesco en Wikipedia
As relacións de parella e os roles de poder


O parentesco na Micronesia

A fraternidade na familia iroquesa