Amosando publicacións coa etiqueta noticias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta noticias. Amosar todas as publicacións

Campo Lameiro




O “Atapuerca Galego”, como se ten dado en chamar ao  Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre (PAAR) de Campo Lameiro, cumpriu o  pasado mes de xullo dous anos de vida. años de vida. O primeiro parque arqueolóxico de Galicia atópase no val medio do río Lérez entre as  Paredes e Praderrei, na provincia de Pontevedra. 

Nós estivemos este ano alí aprendendo a sacar os debuxos dos petróglifos.



Visita a Atapuerca. Regresando ás orixes

Estivemos en Atapuerca. Unha experiencia inolvidable. En pouco tempo teremos unha exposición dos coñecmentos aprendidos e os traballos realizados. Mentres tanto o broche final da nosa excursión ao parque arqueolóxico. O guía xenial David Canales nos ensina a facer lume cun arco do Faraón. O seu blogue especializado Historias de antes de la Historia, engadímolo aos noso vínculos preferidos.
Aqui podemos ver un vídeo da experiencia, a excitación pálpase no ambiente.

A cuna da humanidade


Unha vez mais as investigacións científicas achéganos á orixe do ser humano. E unha vez mais os resultados destas investigacións acaban cos prexuízos racistas. As diferentes tipoloxías humanas son o resultado de adaptacións moi recentes ao entorno na historia da nosa especie. Os brancos, occidentais, dos países desenvolvidos fariamos ben en reconsiderar o noso punto de vista respecto ás outras etnias presentes en todo o mundo. Algúns intelectuais xa nos veñen axudando a facelo desde hai tempo. Mais información en www.publico.es (Noticia aparecida o venres 1 de Maio na edición en papel)

Segundo os vellos sabios da rexión Colombiana do Chcó,
Adan e Eva eran negros, e negros eran os eus fillos Caín e Abel.
Cando Caín matou ao seu irmán dun garrotazo,
tronaron as iras de Deus. Ante as iras do Señor,
o asasino palideceu de culpa e medo, e tanto palideceu
que branco quedou ata a fin dos seus días.
Os brancos somos, todos, fillos de Caín.