Amosando publicacións coa etiqueta festas cíclicas do ano b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta festas cíclicas do ano b>. Amosar todas as publicacións
Xa chegou de novo o Nadal
De novo chegou o Nadal, acelebración más antiga do mundo polo seu carácter de festas cíclica ligada ás estaciones e á natureza. Para celebralo o blog antropohistoria dedícanos un artigo estupendo sobre as orixes destas festas na civilización romana. ¡¡Felices Saturnales!!
http://antrophistoria.blogspot.com.es/2013/12/como-se-evoluciono-de-las-saturnales.html?m=0
FESTAS DO SOLSTICIO DE INVERNO
O SOLSTICIO HIEMAL, ou do Inverno é o momento do ano en que o Sol se atopa sobre un dos trópicos. Neste momento ten lugar o día máis curto e a noite máis longa do ano no hemisferio boreal (no austral, sucede exactamente o contrario). Case todas as culturas teñen festas asociadas a este momento. A nosa non é unha excepción. No que si é especial a nosa festividade do solsticio de inverno é na variada superposición de festas e ritos que proceden das diversas culturas que foron superpoñendose ao longo da historia de Galicia. Ritos ancestrais, celtas, romanos, xudeos e cristiáns superpóñense nunhas festas que son as máis longas do ano. Como en moitas outras festas, temos ritos que usan o lume, a auga, como elementos purificadores e de comunicación coa natureza, con plantas e froitas, símbolo do rexurdimento da vida na primavera, cos regalos e a comida como símbolo da comunidade, condición necesaria da existencia humana.Para saber máis do Nadal na nosa cultura:
Trece Noites, Trece Lúas, Libro das Marabillas de Nadal. ed. Xerais. De Antonio Reigosa
Noite de Defuntos
Case estamos no San Martiño, festividade cristiana que se solapou co máis antigo rito de orixe celta do comezo do inverno. A noite de defuntos é unha noite na que mortos e vivos conviven, do mesmo xeito que o fai o ano que morre e o novo ciclo vital que comeza coa chegada dos fríos do inverno.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)