Lanzamos o proxecto Aldeas

Como vimos contando ao longo do curso estivemos ocupados na preparación do proxecto Aldeas. Finalmente estamos preparados para lanzar a iniciativa de emprendimento social, mañán será o día do lanzamento. O alumnado de Antropoloxía e Música contarán o seu traballo e o que agardan que se faga o curso vindeiro. Deixavos o video que realizamos para o lanzamento e a dirección do Sitio Web do proxecto.


https://sites.google.com/site/asaldeasdeames/

As Aldeas de Ames

Estamos traballando e comezamos a subir  ao noso portafolios a documentación do noso proxecto. Epouco a pouco vai medrando. Agora teremos unha colaboración co alumnado de Música, que dirixidos por Xoan-Xil López, verán de contribuir a este traballo mediante un mapa sonoro.  Podedes ir seguindo os nosos avances en... https://sites.google.com/site/asaldeasdeames/ 





Xa chegou de novo o Nadal



De novo chegou o Nadal, acelebración más antiga do mundo polo seu carácter de festas cíclica ligada ás estaciones e á natureza. Para celebralo o blog   antropohistoria dedícanos un artigo estupendo sobre as orixes destas festas na civilización romana. ¡¡Felices Saturnales!!
http://antrophistoria.blogspot.com.es/2013/12/como-se-evoluciono-de-las-saturnales.html?m=0

Os Petróglifos de Ames premio Nacional de Educación



O traballo "Os Petróglifos de Ames" premiado nos Premios Nacionais ao uso das Tics en educación, que convoca o MEC. Podedes ver a nota de prensa en:
http://www.mecd.gob.es/prensa-mecd/actualidad/2013/11/20131129-premios-educacion.html http://blog.educalab.es/etwinning/2013/12/11/premios-nacionales-de-educacion-a-centros-docentes-2013-enhorabuena-a-los-premiados/

Aldeas Novas


E comezamos a preparar o noso traballo de investigación do curso 2013-14. Este ano o obxectivo serán as Aldeas, as vellas e as novas, as da nosa contorna e as máis afastadas.
Partimos de terreo coñecido. O ano pasado o alumnado de 1º de ESO do noso IES fixo un exercizo de escritura cooperativa, dirixidos pola profesora Susa Fenández Lopo. Seguindo os pasos de Neira Vilas volcaron a súas experiencias de nenos da Aldea… esta vez unha Aldea Nova, nun cartafol que nos amosa as inquedanzas da xuventude actual.  


Aldea Nova eche unha urbanización, unha aldea moderna, coma as casas da aldea teñen o baixo, onde está a cociña, o salón é un servizo, e o piso, onde están os cuartos. Talmente coma a dos meus avós, que trocaron as cortes das vacas polo comedor con lareira. Meus avós gardaban  o carro no alboio; pra os coches, estas casas non teñen más ca un cuberto. Un cartafol chamado Balbino. 1º ESO IES de Ames



A aldea é unha mestura de lama e fume, onde os cans ouvean e a xente more “cando está de Deus”, como di a madriña. Os rapaces somos tristes. Enredamos, corremos tras dos foguetes e ata rimos, pero somos tristes. Temo a pobreza e os trafegos da terra niñados nos ollos.  Memorias dun Neno Labrego. Neira Vilas.Edit. Galaxia



O noso obxectivo será elaborar unha comparación entre o xeito de de vida nas aldeas tradicionais, e a forma de vida das “Novas Aldeas” ou urbanizacións. Que mudou, como afecta á vida da xente… Tentaremos nesta ocasión un traballo coas metodoloxías da antropoloxía audiovisual. Podedes seguir a metodoloxía do traballo  na nosa aula virtual, en: 

Exposición: Os petróglifos de Ames

Xa quedan poucos días de exposición. Apurade se queredes vela. 10 paneis, un mapa de localización e moita información sobre o noso patrimonio.